Igualdade de oportunidades

A igualdade de oportunidades[1] é unha idea de xustiza social que propugna que un sistema é socialmente digno e xusto cando todas as persoas teñen as mesmas posibilidades de acceder ao benestar social e posúen os mesmos dereitos políticos.

Politicamente oponse ao concepto de xustiza social como igualdade de resultados.[2] Historicamente a igualdade de oportunidades fora preferida pola dereita política fronte á igualdade económica efectiva, ou igualdade de resultados, preferida pola esquerda política, o cal se reflicte na diferente preferencia de ambas as opcións respecto da redistribución da renda vía impostos, tamén velando a súa administración.

  1. "IV Plan Integral de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes de Vigo 2009-2012". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-02-12. 
  2. Merrill, Roberto. (2013). Igualdade sem responsabilidade? Comentário a “justiça social e igualdade de oportunidades” (capítulo III). Revista Diacrítica, 27(2), 325-333. Consultado o 08 de abril de 2020.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search